23-2-2012

un libro de alberte momán




estou perdido


estou perdido
incapaz de separarme do meu traballo

ficas
por primeira vez
en segundo plano

busco en vano espirme
para ti
pero todo acontece
demasiado axiña
e ficamos parados
por menos tempo do que desexarías
-do que sería desexable-
exhautos
suorentos
un á beira do outro

miro de fuxir
de recuperarnos
pero recoñezo un medo infindo
que me impide deixar a parte
a compañeiros
agora camaradas
para fundírmonos na sinxeleza
que nos xuntara
hai xa anos

alberte momán

poema do libro os quilómetros
que percorremos dende aquela
que se presenta mañan venres
na libreria andel de vigo
pintor lugrís 11 as oito e media
http://moman.wordpress.com