Marzo 2010

20-3-2010

mulleres mixes

sesenta anos despois

daquelas fotos de juan rulfo

algunhas mulleres mixes da serra

entre as comunidades

de ayutla alotepec e cotzocón

seguen cos seus panos na cabeza

ollando entre os seus cerros

de frente o pasado e o futuro



ayutla 20-3-10

20-3-2010

cerros ayuuk

cerros

o cerro pelón

a vexetacion escasa

o cerro da malinche

a muller deitada



cerro habitado


cotzocón na serra mixe

chamanlle o cerro escuro

pero está cheo de luz

humeda templada floresta

a comunidade ayuuk



cotzocón 19-3-10



20-3-2010

zempoaltepetl

a montaña zempoaltepetl

vinte os picos do cerro

vinte cerros vinte divinidades

a montaña sagrada do pobo mixe

o numero vinte como un ciclo

para interpretar o tempo e o espacio

o vinte o ciclo base da numeracion

dez mais dez vinte os nosos dedos

cada mes consta de vinte dias

cada ciclo como unha serpe

que se morde a cola

cada ciclo da paso a outro

nunha interminable espiral



oaxaca 3-10

19-3-2010

agaves

miles de agaves magüeis

medran na chaira

sementado está o mescal

a festa a borracheira

e a cruda



val de oaxaca 19-3-10
19-3-2010

palmeira

solitaria palmeira

no patio zapoteca

da elevada chaira



palmeira

palma

alma



19-3-10
18-3-2010

abella e suchiteca

en juchitán

picoume unha abella

e deixoume a man ben hinchada

e ainda teño comezón



picoume

logo unha suchiteca

e saenme inchadas as palabras

deste ferido corazón



oaxaca 17-3-10
18-3-2010

la niña y su hermanito

un año tiene el chiquito
su hermana no llega a diez
y ya lo carga otra vez
por este barrio maldito
el camino es infinito
y son tan cortos los pasos
este retrato yo traso
como una movida foto
de su presente tan roto
sus vidas no tienen caso

un año tiene el chiquito
a diez su hermana no llega
ella siempre que se entrega
el rebozo es todo un rito
camina dana con tito
llevan las panzas vacias
venden dulces y alegrias
chicles de varios colores
alguna vez sus dolores
y pequeñas utopias

un año tiene este crio
y ya lo carga su hermana
ay camina tito con dana
pal otro lado del rio
dicen que ya llega el frio
a estos techos de cartón
hoy su madre no salió
que se encontraba malita
calentada la sopita
otro dia ya pasó

diego oaxaca 3-10
































17-3-2010

asambleas

ao pe do freixo

reunese o consello dos vellos



na noite da serra

unha asamblea de estrelas



comunidade 16-3-10



17-3-2010

vacas e labregos

darredor da comunidade

nas milpas secas da serra

de encinos e piñeiros

hai muitas vacas rubias

algunhas pintas

e touros rubios e negros

e os primeiros ollanme

como se eu fose da familia



as mulleres fan o pan

que acá chaman tortillas

os homes ollan o ceo

para ver se veñen as chuvias

e para sementar a milpa

todas ollan como vai lua



aldea 16-3-10



17-3-2010

serras


sierra madre del sur

serra nai do norte



a montaña e o cerro

a serra é a nai



camiño 15-3-10

15-3-2010

construccions

sobre un centro arqueoloxico

ollo un grande formigueiro unha visible

posible construccion en forma case circular

duns catro metros de diametro de areas e pedriñas

e darredor a seca vexetacion e un carreiro sen erva

por onde camiñan e traballan as formigas

que son bermellas e como de seis e oito milimetros

e carrexan agarrando coas suas fortes bocas-pinzas

sobre o lombo anacos de vexetais

moito mais grandes e pesados ca elas

que se te pos mais lonxe pensas que son

esas extrañas formas verdes as que se moven



unhas formigas camiñan cara o centro do circulo

e outras saen dese buraquiño

e debaixo da circunferencia seguirán construindo

a comunidade das formigas

e nesta construccion piramidal a uns vinte metros

atopo dous formigueiros abandonados

e nos circulos tamen hai anacos de ceramicas

dos antigos habitantes zapotecas

e imaxino hai mil dous mil anos fileiras de humanos

carrexando pedras no lombo para facer

este posible templo zapoteca

como as formigas pois pero distintos a elas



mogote oaxaca 14-3-10

15-3-2010

siete puertas

mi casa está en el mar con siete puertas
yo ya no vivo allí pero me esperan
el viejo que no entiende mis canciones
la plaza los fantasmas los rincones
el tiempo de llorar
las ganas de cantar
y un niño que se llena de razones

mi casa está en el mar con siete puertas
yo ya no vivo allí pero me esperan
el cubo de pescar de cuando pibe
querer y no saber como decirte
la madre y el hogar
los pies en el lagar
la lluvia y un lugar donde escribirte

mi casa está en el mar con siete puertas
yo ya no vivo allí pero me esperan
la calle el futbolín las emociones
la linea que divide las naciones
los días de taller
mujer que no tendré
y el barro que manchó mis pantalones

mi casa está en el mar con siete puertas
yo ya no vivo allí pero me esperan
la estrecha inmensidad de las ciudades
la marca que nos dejan las verdades
la fe de transformar
mi casa y mi lugar
y el vino que alegró las amistades

pedro guerra

cantor canario en madrid
discos raiz, hijas de eva, vidas ...
letra do traballo tan cerca de mi