18-7-2021

arbore versos...



casiña e palco
sobre o castiñeiro
e alí tiven a sorte
de botar uns versos
pras cativas e a floresta
e o contador de garabelos

17-7-2021

coidados pola palleira



convidóunos ao seu mundo
a familia da palleira
ás da xira pola vida
e ás da festa da terra
e asemblean os dous grupos
baixo da rica floresta

xogan nenas e cativos

outras serias nunha mesa

o cinema palleiriso
parado polo sistema
segue coa súa outra vida
con obriñas das insectas

de arañas e morcegos

palleiriso porta aberta 

o carballo na sua bota
e os freixos da bañeira 
queren dar unha voltiña
baixo acibos e sobreiras ... 

 

 

 

16-7-2021

dous fentos

 


so son dous fentos
que medran debaixo
de salgueiros e carballos
estes fentos vexetais mui sinxelos
que hai millóns de anos xa estaban aquí 

na ghaspara

13-7-2021

samuel samuel


porque el pasaba por alí 
e algo del lles molestóu  
porque era homosexual
porque hai homofobia
e esas persoas son violentas


porque a sociedade o permite
e por algunhas máis sinrazons
perseguiron e golpearon
e golpearon e mataron a samuel

 

 

11-7-2021

continuo xose guillermo



continua a viaxe continua
a obra a exposición circular
circular o xosé guillermo

as pinturas e o taller
a familiar fundición nautitus
e as intervencións artísticas
as artes en movimento
e sempre o diario

da respeto estar so
na sala coa súa obra
que da enerxía da viaxes...

logo chega sagar o fillo
e máis tarde marutxi a muller
e entran anónimos corpos
a gozar da exposición

 

 

10-7-2021

a viaxe de xose guillermo

 


Levar as cores no bolso
e a carpeta chea de papeis
fixo que naceran espontáneas
as acuarelas no transcurso
das viaxes e foran unha parte
importante da miña obra.
Pintei nas cidades ensoñadas
O Cairo, Marrakech, Dakar, Estambul
Damasco, Benarés, Calcuta, Katmandú
México , La Habana, Bahia.
Pintei nos rios enormes
nas inmensidades do deserto
nas selvas tropicais
nas praias con esqueletos de naufraxios
nos paises inexistentes.
 

Todo o escribo a propósito para aquel-a
que poida entendelo
Non vou ser menos tolo que o mundo
A felicidade absoluta asústame
A aproximación obsesióname


xosé guillermo

05-7-2021

asemblea e memoria

 

 

asemblea de hai dúas semanas
que eu sentin moito perderme
e recoñezo algunhas caras
de fronte e algún corpo de lado   
e tamén algunhas cachuchas
e outros corpos de espalda
na rúa detrás do museo marco
que antes fora xulgado e penal
que non foi tirado polos darriba
porque o defenderon coa palabra
os últimos presos antifranquistas

e recoñezo algúns micrófonos
e cámaras e algunhas mochilas
dúas calvas e moitas melenas...
e un bastón para camiñar todas
ao paso do compa máis lento

foto juana machetes
publicada en pozol.org
texto manolo pipas


 

04-7-2021

decima dos medios libres



décima jarocha dos medios libres

medios libres libres medios
media luna   lúa chea
el centro i la periferia
el pozol a guilhotina,
esta xira zapatista
tan rabiosa i envolvente
por la tierra i por sus gentes
caracoles i montañas,
i sobre todo palabras
sempre palabras rebeldes

foto fernanda fernandes
rimas o güero


01-7-2021

coas zapatistas xirando

 


o veleizo zapatista non chegóu
ao peirao que eles propuxeron
nen aos que propuña a asemblea
e fondeóu en baiona pero non
desembarcóu onde o fixera a caravela
e logo de rexeitados os plan a  b  c  d …
saiu o plan  e  ou   f  e unha zodiac
foi buscar  ao escudrón ao veleiro
que entrara na ría de incognito

e o desembarco foi en alcabre
coitada a comisión naval 

coas asembleas eventos
benvida  espellos … tamén
foi dificil que saira o plan a
pero a comisión zapatista se aloxóu
no liceo mutante de pontevedra
e aquí si saiu o plan a   

algunhas compas internacionais
tiveron que marchar antes da benvida
e a últimas compañeiras mexicas
e europeas fóronse o martes
as súas casas e aos espazos colectivos
e entre as primeiras e as últimas
algunhas marcharon cara extremadura
ou madrid a seguir a delegación zapatista


un que se queda

 

 

29-6-2021

reencontros na xira

 


na digna rabia de iztapalapa e chiapas
do 2008-09 lembro que platiquei
con matula de grecia

con braulio de euskalerria coincidin
varias semanas na comision civil
polos dereitos humanos en oaxaca 07

con lola de valencia compartimos
un pequeno tempo na casota
de oaxaca do 09

as rastas de claudia de tantas partes
quedaron naquel 06 logo de atenco
a min so me tocaran os sete dias
da caravana en oaxaca e a ela a cito
nese libro das nubes i de la otra
que lle pasei agardando o veleiro

con tazio de lugano foron varios
encontros e andanzas entre oaxaca
chiapas i o anahuac

teresa abriranos todas as portas
da garriga naquel encontro do 06
logo de que golpearan atenco


a leonor juan e sheila de oaxaca

exiliadas en lugo non os via

desde antes do covid e devianme

unhas poucas visitas

reencontreime con francesc angel julie arturo…
e a maioria destas compas non as voltara a ver
e van as citas desordeando anos e espacios
máis ou menos como se sucederon os reencontros

a vanessa de la otra non a recoñecin
logo dunha semana de caravana

que compartimos hai 15 anos
seguro que me cortaste en alguna foto
e si que a cortei un pouco sen querer
na mesma foto na que sae claudia


o das pipas


 

Distribuir contido