27-1-2012

danza dos seivane




en ribeira de piquín

nun dos vales mais profundos
vive don xosé seivane
rodeado de bos buxos

rodeado de bos buxos
pra facervos os punteiros
vive co fillo mais novo
nesta ribeira do eo

nesta ribeira do eo
segue viva a tradicion
de tocar o son da sega
coa gaita e co tambor

coa gaita e co tambor
reciben ós seus amigos
que veñen doutra ribeira
que subimos dende vigo

manolo pipas

coplas escritas para o mestre
gaiteiro e artesán xosé seivane
alá por decembro
do noventedous
tarareando a melodia do son da sega
nunha das visitas ao chao do pousadoiro
de ribeira de piquín con maximino souto
luis o caruncho carlos liz e o millaradas
o mestre
deixounos hoxe
entre pasodoble muiñeira e alalá