nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
humberto baena sánchez bravo
ramón garcía txiki e otaegi
hai hoxe corenta anos foron
os cinco últimos asasinados
por franco e a fascista dictadura
con xuizos rápidos logo das torturas
para conseguir falsas autoinculpacións
os nosos veciños baena e sánchez bravo
con ramón garcía foron fusilados
en hoyo de manzanares
e vinte minutos separaron
os fusilamentos de cada un
e a familia separada deles
o podía oir os disparos
é certo que foron guardia civiles
voluntarios os que dispararon ?
aínda vivirán algúns deles?
que fan que sinten onde están?
hoxe mesmo lonxe de akí se cadra
se cruzan na rúa cun compañeiro noso!
os asasinos dormirán ben hoxe
o día do cabodano do asasinato?
e os xuices e os fiscais
e os que forzaron a sentencia
teñen algo de conciencia e dignidade
ou é que nunca tiveron!?
a memoria a verdade a xustiza e nós
tamén somos víctimas do fascismo
resistencia
texto publicado no mencer
e recitado en pereiró na homenaxe
nas imaxes un tapiz do exiliado
luis seoane o caído dos anos sesenta
e na homenaxe laura quintillán
co seu republicano violino
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)