22-5-2011

tomando as ruas


debaixo dunha grande farola

nun cruce de ruas e camiños
no centro da cidade sen remedio
moitas persoas que se paran
desencantadas enganadas
indignadas excluidas …
persoas tan distintas e diferentes
toman a praza e acampan
por unha democracia real
ainda que unha parte non cre
nen na dedocracia nen no sistema

a consigna foi lanzada na rede
e campamentos asambleas hai
en moitas prazas das cidades
deste estado en mal estado
que agromaron nas movilizacions
combocadas unha semana antes
da consulta electoral de hoxe