vella e abandonada panificadora
entre o castro e o casco vello
o inmenso forno que amasou pan
que amasou vidas e soños da comunidade
vella e abandonada panificadora
sempre ollando para o tamen golpeado mar
edificio espacio esporadico dalgun sen teito
dalgunha esmoleira dalgun corpo abandonado
vella e abandonada panificadora
entre o casco vello e o monte castro
paredes que chamaron polos grafiteiros
e outras mais altas que chaman a escalada
vella e abandonada panificadora
irmán da fabrica de massó e tantos outros
templos modernos da arquitectura civil
que foron derrubados pola sen razon
vella e abandonada panificadora
entre a cova dos ratos e o noxento concello
agora amasando fantasmas e propostas
e outros sempre amasando especulacion
vella e abandonada panificadora
as paredes os patios as sas os silos
e a cheminea espacios que cecais chamaron
a unha okupacion social do edificio
e en maio do 2007 houbo nesta construccion
unha reclamacion publica do espacio
por persoas de diversos centros sociais do pais
e foron botados pola amable policia
baixo a ameaza dun brutal desaloxo
e seguiron o encontro noutro espacio
con mui pouca repercusion publica
vella e abandonada
e golpeada vella panificadora
manolo pipas
de sétimo andar, poesía alén
libro colectivo da porta verde
presentado onte na cova dos ratos