27-2-2013

texcoco atenco lua e vento




en texcoco de novo

a visita á casa da familia amiga
están coa chiquita neta que agora coñezo
e tamen a min me vai facer unhas gracias
kuyen reparte novas e necesarias enerxías
a odette salvador e a tía dorotea

a lua chea e o ciclo da vida
e o vento de texcoco que limpa

en atenco están de carnaval
fora a música os cuetes as máscaras
e nós descobrimonos outra vez na casa
de trini e nacho de atenco nunhas apertas
e unha agüita revelde de guayaba e limón

e platicar da comunalidade desta rica terra
do pasado e do presente do desgoberno
a sempre permanente ameaza do aeroporto
e palabras para o compañeiro kuy
os movimentos o 132 o sme...

eles veñen de despedir ao vello pascual
o velorio co seu recoñecemento
e novos xuramentos de non deixar a terra
ela e el teñen voz pausada tenra contundente
todos le echamos tierra y yo no di relevo
y no me cansé porque el me dió energía

a lua chea e o ciclo da vida
e o vento de atenco que limpa

manolo pipas