31-1-2014

musicas e cancions dun encontro




refúxiome na música moitas veces

as melodías que na casa escoito
ou que me acompañan coma fondos
son case todas ben envolventes

as músicas e cancións coma alimento
unhas veces coma froitas que masticas
como liquido que bebes aire que respiras
co ritmo da tua vida espacio e tempo

un alalá un fado unha chacarera
un son un swing unha sonatina
que estilo e que voz ti necesitas
que música ou canción ti desexas

manolo pipas

imaxe da mesa
recital andel onte