Xullo 2022

25-7-2022

se contara a terra


se puderan falar

os carballos as carballeiras
se dixeran palabras as lobas
se contaran os ríos e as serras

matria valdeorras
o courel o invernadeiro ...
non falan pero todos penan



12-7-2022

puntos de vista por galeano


En alguna pared de la ciudad
de S. Francisco una mano escribió 
" Si el voto cambiara algo, sería ilegal".
En alguna pared de Río de Janeiro, otra mano escribió:
" Si los hombres parieran, el aborto sería legal".
En la selva, ¿ llaman ley de la ciudad
a la costumbre de devorar al más débil?
Desde el punto de vista de un pueblo enfermo,
¿ qué significa la moneda sana?
La venta de armas es una buena noticia para la economía.
 ¿ Es también una buena noticia para sus difuntos?

eduardo galeano
do libro patas arriba




03-7-2022

da vegana feira


vegana feira vegana
nada con dor animal
na comida e no vestir
casa saúde e camiñar

vegana este bo encontro
a feira do veganismo
neste planeta infeliz
na inxusta cidade de vigo

primeiro a proximidade
froitos da nai terra
aloumiños e alcouves
directos chegan á feira

dime unha expositora
pros estómagos enganar
veganos queixos e chourizos
pancetas atúns e demáis

cereais e cogumelos
leguminosas e cabazas
con pimentón e outros polvos
darán boas carnes veganas

moito plático de envases!
canta auga se precisa
combustible e corrente
pra facer unha salchicha?

palestras obradoiros xogos...
do mundo globalizado
pero falta ecoloxía
neste camiñar vegano

a terra pra quen a traballa
e máis pra quen a respeita
veganismo ecolóxico
soberanía alimentaria

o cronista