Abril 2024

30-4-2024

luz

 

finais de abril xa pero vai ben frío compañeira
unhas cativas palabras pola túa vida obra e memoria
da ría e o miño ao cativo sar de salvaterra a compostela

verso poema berro canción e comunitario entontro
abril a flor a semente o recital a luz e sempre primavera

pipas

 

 

28-4-2024

o menino

 

de vagar de vagarinho
fora de contas e contos
a jessica e o jacobo
foron traer un menino

a brasileira e o galego
ben pasada a lúa cheia
con sufrimento e con festa
seica traen o mateo

manolo pipas



25-4-2024

querido 25 de abril

 

esa querida melodía
as palabras de zeca afonso
e as libertarias voces do coro
daquela inmensa e necesaria utopía





 



04-4-2024

pobo palestino


unha palestra por palestina
toda unha praza por gaza
mans brazos bocas ollos
e corazóns por ese pobo

 



02-4-2024

amigas árbores

 

esta árbore que plantéi

e as árbores que plantaron outros 

sempre me farán compaña 

coidaránme e nunca me deixarán solo