23-4-2015

repentista alexis e amigos

 

 

xa van dezasete anos

que alexis estivo en vigo

este repentista amigo

trae eses puntos cubanos,

con su padre con su hermano

el neno cos versos xoga

este habaneiro que voga

nas augas da fantasía,

na popular poesía

e tamén nas cultas trovas

 

o meu libro mexicano

pasoche díaz-pimienta

desa terra das tormentas

país pra ti non lonxano,

e non tardes tantos anos

en voltar a esta cidade

que siga esa oralidade

que non pare esa emoción,

xa sabes que temos ron

e ritmo a comunidade


 

neste local mariñeiro

varias voces na tarima

improvisando unhas rimas

repentistas regueifeiros,

son moi bravos os seus versos

que traen da terra do son

e dan coa galega paixón

con décimas e cuartetas

e saben de moitas tretas

poñen moito corazón

 

 

décimas escritas e recitadas

nos dous encontros de onte

con alexis díaz-pimienta

axel díaz josinho da teixeira

alba maría e mani braga

e outros amantes da regueifa

na aula da asociación oral

e no café de catro a catro

 

manolo pipas