nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
Merquei nove metros de liberdade
a cambio de ser un escravo do mar
Hipotequei o meu destino ao vento
á calma ás ondas á maraxe
Aos trescentos sesenta rumbos do compás
e as noites debaixo do Universo
Merquei nove metros de océano
o acuario eterno onde os meus soños
se mesturan entre cardumes e sereas
Firmei contrato indefinido co ceo
Buscarían sempre os meus ollos
os horizontes e as estrelas!
Merquei novecentos centímetros de pan
de suor de cheirume de traballo
de paciencia de escravitude e de honor
Merquei o meu cadaleito
o mar
Merquei a miña liberdade
o meu barco
E merquei o meu soño
detrás dun timón
xosé iglesias
do libro transfusión oceánica
presentado onte en andel
e haberá crónika
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)