30-11-2010

as casas do poeta

de sombras e poemas que son casas
unha antoloxia poetica sonora
de xosé maría álvarez cáccamo
que foi presentada onte entre libros

pepe cáccamo poeta en plena madurez
construcctor de casas de palabras
que escolmou os poemas do libro
e os que recita no disco que o acompaña

de sombras e poemas que son casas
verso do libro arquitecturas da cinza
presentado polo poeta manuel forcadela
e os dous amigos falaron da antoloxia
como a memoria e o olvido dos poemas

hoxe entre o outono e o inverno
as sombras os poemas as casas
o que permanece e o que se perde
no individuo e nos seus grupos
ai a tribo e os seus bardos


o cronista