09-10-2014

ébola prepotencia e medos

 

 

a información do contaxio do ébola

dentro das fronteiras do estado español

e tamén o primeiro contaxio na europa

ocupa máis páxinas na prensa

que días pasados a aprobación

da consulta catalana polo gobern

porque o ébola parece que da máis medo

que a independencia de catalunya

 

excalibur é o nome do can

que vivía coa sanitaria contaxiada

que sen medo escolleu acercarse ao ébola

excalibur como a espada de ...

e entre o medo e a prepotencia

e con polémica foi sacrificado

por se tamén tiña a enfermidade

e se a chega a ter para a ciencia sería

interesante o estudo do seu desenrolo

 

con prepotencia dixeron os gobernantes

que non era perigoso traer enfermos

de ébola ao estado español

e tamén dixeran que non era perigoso

levar o prestige lonxe das nosas costas

pero tiñan medo de levalo a porto

 

os de arriba entre a prepotencia e o temor

e excalibur seica é a espada dun guerreiro

e non está ben xogar con ela

nen con prepotencia nen por medo


imaxe da manifestación de hoxe

en vigo pola sanidade pública

na que na lectura do manifesto

lle mandaron unha aperta

a sanitaria infectada

 

o cronista