nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
alejandra pizarnik
obra poética completa
obra
poética
completa
que tres palabras
máis grandes
catrocentas cincoenta páxinas
para trinte seis anos de vida
e puideron ser algúns menos
que ela non aguantaba máis
versos profundos que doen
poemas dunha vida profunda
que non puido escarbar máis
un ano despois volto ler
a alejandra pizarnik
máis de día que de noite
e coa luz e a calor destes días
a súa terra allea as súas sombras
a última inocencia as aventuras perdidas
a árbore de diana os traballos e as noites
o inferno musical e máis sombras
a dificil respiración
a palabra e o silencio
o nocturno de chopin...
se buenos aires xa era
demasiado agresivo e grande
como sería parís para ti ?
o poema vai durar
tanto como esa noite
aínda que ti so escribas
catro versos vinte palabras
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)