12-4-2012

esperando o leiteiro neira vilas




E ti adiante. Así ten que ser. Un home
non é unha ovella.Perdiches
o coche de liña,
cargaches coa maleta que pouco leva

e pouco pesa, puxeches pes ó camiño,
e xa estás no Empalme.
Sabes que non podes recuar.
Mañán sae o barco
de vigo e tes que entrar nel,
nas horas que che dixo
o da axencia, ou quedas fóra.
Non hai can que o roia.
E se quedas quen sabe cando
volve cantar o cuco,
que son moitos os que marchan
e os barcos poucos.
E ademáis caeche enriba
o servicio do rei,
que xa non hai rei pero así lle din,

e logo quedas movilizado por tres anos,
que disque
hai maquis, ou como lle chamen,
nos Pireneos,
e venseche abaixo todo o telderete,
mira ti por uns bicos
e unhas apertas
máis ou menos, e por unhas bágoas

e unhas recomendas e uns consellos,

que ó fin o que ha de ser será....


xosé neira vilas

primeiras liñas de esperando o leiteiro
ultimo libro do autor de gres buenos aires
e la habana con capa do luis seoane
presentado polo propio creador do balbino
en vigo na biblioteca xosé neira vilas
con victor freixanes e coa lectura
duns fragmentos por uxia blanco
imaxe dun vello pupitre na fundacion
xosé neira vilas que cecais empregou
de cativo quen esperaba polo leiteiro