nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
hai uns días na tardiña nun universo lonxano
cando pasean se atopan dous amigos literatos
un camiña nunha capa cos seus lentes e barbado
outro vai co seu sombreiro tamén lentes e un cigarro
cae un chaparrón no parque e acollidos nun carballo
van falar do noso mundo valle inclán e castelao
-que tal amigo daniel como vai ese catarro
non fas caso ao teu doutor que mal tempo e ti fumando
-e vostede don ramón véselle mal-encarado
esa capa i esas barbas xa non locen como antano
-navegando en interné eu pesquei novas de abaixo
por culpa da miña obra anda revolto o teatro
-algo dixo rosalía polo bar de taramancos
seica non podes soar na lingua que nós herdamos
-din que a decisión foi miña mais se é certo me retracto
os meus netos a disgustos queren cortarme outro brazo
-no castelán sigo preso mais cos cartos dos paisanos
o goberno do pepé ben amosa o seu recato
e o que manda nese centro di que están sendo acosados
son consignas e panfletos que denuncian o roubado
hai actores e actrices que se retiran chorando
e non é pola emoción recoñecen ese atraco
compostela e pontevedra e agora en vigo un bardo
bota coplas que en cuartillas dan aos que xa van entrando
ese que galego chaman ai que dramático centro
é traxedia ou comedia o seu último proxecto
meses antes da estrea xa xurdira o enfrentamento
na defensa do teatro foi nacer un manifesto
e din que a universidade xa seguiu o mal exemplo
onde teño que asinar onde pon a cruz o cego
harmónico bilingüismo por respeto e por modernos
e despois que monten raza que tamén é un esperpento
chegan grupos de cativas cos seus mestres controlando
unhas poucas fan un coro que ben están afinando
entre compostela e vigo moitos asentos baleiros
é traxedia ou comedia o seu último proxecto ?
e cecáis mellor sería que este fose o derradeiro
benvido centro español ai que tráxico este centro
outra xente nun lokal leva adiante un recitado
o bautista e ligazón as galas e o malpocado
-ai daniel que envexa teño ai que gañas de ir prabaixo
os meus textos en galego van mellor que en castellano
-ti que queres que che diga os da mesa son mui brandos
hai que ser mais radicais e botalos dos teatros
isto escribín hai dezanove anos
e publiqueino no libro marzo
abril e outros naufraxios
seica a proibición xa deu rematado
parece que xa anda o valle en galego
acabóuse o longo e inxusto esperpento
na estatua da alameda de compostela
valle inclán segue agardando a castelao
pra botar con el novas parrafadas teatreiras
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)