porriba do rio barbeira / a vella aldea das chozas
nunhas casas viven vellxs / outras teñen xente nova
a casa xa ten calor / bota fume a cheminea
as casas voltan ter vida / di unha pedra a outra pedra
as casas abandonadas / corenta anos pasaron
para compoñelas houbo / cinco anos de traballos
aguantaron ben os muros / e tamen algunhas vigas
agora están mais contentos / os fantasmas na cociña
co seu ritmo camiñando / unha comuna nas chozas
vai con moita ecoloxia / entre a etica e as normas
as redes dos mariñeiros / están protexendo as leiras
outros teñen vacas soltas /que gostan comer as berzas
…..
este inverno está durando / cinco meses nada menos
o home estragou o clima / dille a pedra ao seu penedo
botan fume as chemineas / xa vai calor nestas casas
di unha pedra a outra pedra / dille o miñato a miñata
as chozas 3-4-10