nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
miles de gomas de rodas a arder
e foron quince días contaminando
contaminando o aire sen parar
e poucos veciños foron desaloxados
a pesares do aire inrespirable
e din que non puderon apagalas
porque se lles botan auga
o seu veleno irá para a terra
para os acuíferos e vai ser peor
un vertedeiro de miles de rodas usadas
que tanto servicio deron ós donos
que acompañaron tanta vida
unhas mui desgastadas pero outras
que aínda podían rodar moito
e están nun vertedoiro sen seguro
polas autoridades que o permitiron
e hai moitos vertedeiros de neumaticos
e non se sabe que facer con eles
e porque hai tantos depósitos
con perigosos millóns de rodas?
porque hai demasiados coches
demasiados movementos e viaxes
demasiados carros onde van
so unha ou dúas persoas
e as rodas desgástanse máis
rápido canto máis corran
porque teñen moita presa
por chegar ao abismo
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)