13-12-2017

folga nos xulgados

 


funcionarios da (in)xustiza
neste día de folga maniféstanse
polos seus pisoteados dereitos
nos xulgados de todo o país
e nas cidades sacaron a súa
xusta protesta polas rúas
contra a xunta de feijóo

as funcionarias
da trampeada balanza
na inxusta cidade de vigo
atravésanse nas travesas
debaixo da verticalidade
esa que puxo e pon orde
neste franquista estado

o cronista