14-2-2010

a coberta do patio


este patio non ten teito

e parece que non o precisa
que ten unha linda cuberta
que vai medrando e medrando
como querendo cubrilo todo
pero que tamen se desfai
en anacos que van caindo
sobre o chan e as mesas

entre a cuberta do patio
colanse os raios do sol
ese sol que fai medrar a cuberta
e que murcha os anacos que perde
cuberta de cores e formas varias
marrons verdes rosas e violetas
formas mui longas e delgadas
e pequenas formas case redondas
que se van entrelazando
como estas poucas palabras

o patio non ten teito pois
ten unha fermosa cuberta vexetal
varias bubambilias aos lados do patio
con polas que medran polas paredes
e que se xuntan arriba como cuberta
arbustos que están deixando caer
unhas follas sobre o caderno
en que escribo estas palabras

e neste patio se presentan libros
das culturas e das loitas
e acá se inauguran as exposicions
das sas do outro patio
pinturas grabados papalotes
e onte este patio se convertiu
nunha maloca colombiana
coa obra de emilce la mujer
que queria ser como los pajaros

e a este patio tamen vimos
a ler e a escribir como agora

oaxaca 2-10