23-10-2015

culturas de resistencia

 

        

 

culturas de resistencia é un documental

de lara lee que pasan na cova dos ratos

resistencias contra as guerras e as explotacións

pero chego tarde e a narración anda por siria

e das favelas de brasil chegamos a palestina

muros e máis muros e outras lamentacións

que as máquinas acaban coa enésima aldea

e un vello palestino di

o único que quedará aquí é o odio

e eu lembro esta outra frase dunha chilena

no golpe de estado de pinochet

lo que nos faltó fue el odio

no éramos capaces de odiar

y ahora ellos nos han enseñado

lo que esto significa

 

a música e as danzas da sabana

e o rap e a arte urbana da gran cidade

encontranse na vella e nova comunalidade

 

lecturas de poesía e poemas-cancións

que xogan cos sons das palabras

resistir é crear di alguén

 

mi pais es tan grande

que la comida esta mui lejos ...

mi país es tan grande

que la justicia no da para todos

acaba o poema dunha mexica

 

nas favelas do brasil

alguén toca un kalasnicov

convertido en guitarra …

 

acaba o documental e conversamos sobre el

e sobre as nosas realidades de pequenas

necesarias e  importantes resistencias

 

manolo pipas