25-8-2023

adelfas e magnolias de lorca

 

as mans agarran a pluma e tocan o piano
con suavidade con forza con arrebatos
e esas teclas brancas e negras
son como espiñas que se cravan
no colorista verso e diálogo de federico
baixo a lúa das adelfas e magnolias
ai granada mestiza a memoria buscando

diálogo é cada unha das nosas homenaxes
coas súas mans cos seus abertos ollos
coa súa descoñecida e silenciada tumba
que se multiplica en cada encontro lorquiano
en cada libro aberto en cada íntima lectura
íntimas e multiplicadas adelfas e magnolias
ai andalucía mestiza a memoria buscando