verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
como lle chamaría a este moneco
o seu amigo neno que se cadra
agora xa está grande?
e que lle diría ao despedirse?
ollaría fotos e imaxes da fuxida
e dos campamentos de desprazados?
e ollaría as deportacións destes días?
pensaría nos cativos e nenas
que agardan por estes xoguetes?
un ollo perdéu este moneco
se cadra xogando ou no tralado
ogallá que a criansa que o agarda
non perdese tamén un ollo...
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)