nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a vosa-nosa rede-refuxiada é pequena
e somos poucos coa vella consigna
non no noso nome
e con outras tráxicas verdades
debaixo dos noxentos bankos
compas desprazadas refuxiadas…
e moitos non están porque
non queren saber ollar pensar…
nun paseo sabado as seis da tarde
os manifestos a batukada os poemas...
camiñan ao meu rente moitos homes
non os coñezo sonme estranos
pero ti que alcontras alá lonxe
máis alá das sabanas e das illas
coma un irmau che falo…
cantamos irmaus de celso emilio
e poucos que camiñan rente a nós
se paran a saber pensar sumar …
e nós marchamos algo frustrados
o café o desasafogo e mañán outras
e mesmo eu non pensaba escribir
e fixeno logo no mesmo paseo
escoitando a un solitario guitarrista
que gañaba unhas moedas na rúa
vello coñecido de cando íamos
detrás doutras xustas consignas
insubmisas contra o machismo
o capital as guerras...
nunha terra emigrante
con pouca memoria!
un europeo?
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)