nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a antom santos xosé luis santos cabanas
e todas as persoas represaliadas politicas
o exterior a poucos metros
pero está lonxe mui lonxe
demasiado lonxe do interior
o interior detrás
deses cortantes aramios
detrás de cámaras formigón reixas...
o interior detrás
deses represores da burocracia
e os outros cruelmente armados
do interior
vós non podedes sair
e nós fora aínda estando perto
estamos a días de poder entrar
porque así son os permisos
que nos van deixar pasar
e vervos e falar con vós
pero non darvos unha aperta
lembranza das visitas
aos insubmisos presos
nas que falábamos por teléfono
separados por un groso cristal
e das visitas aos insubmisos
cuarteleiros na prisión militar
de alcalá de henares no ano 97
cando decidin ficar
dous días máis na fría meseta
pero o permiso so se podía dar
para catro días despois
novas do exterior é un libro
de xosé luis santos cabanas
que se presenta hoxe en andel
coas cartas ao seu fillo antom santos
preso político nas casdeas do estado
imaxe prisión da lama maio 2016
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)