25-7-2016

da alameda a angrois

 


compostela 25 de xullo

día da matria o noso día

as consignas os encontros

as apertas os convivios

e máis consignas e peticións

e que mais que máis!?

 

eu pensei nas ausencias

nas que non poden estar

e aos que non lles deixan vir

 

e pensei nas mortas e feridos de angrois

sen verdade sen xustiza tres anos

despois daquel accidente-delito

verdade e xustiza pras persoas daquel tren

daquelas vías daquela curva de angrois

ex-misistra presidenta do parlamento

español ana pastor dimisión xa

e que caian outros complices e culpables

 

e pensei no santiago matamouros

nas relixións nas guerras nos imperios

e na falsa paz dos explotadores

 

e pensei na división do galeguismo

do nacionalismo do independentismo

e na división dos de abaixo á esquerda

 

os encontros as apertas

as consignas os convivios...

 

o cronista