08-6-2010

gaza e copala

bos dias ou boas noites



cando é medio dia nas costas de gaza

pasa da media noite nos cerros de copala



logo virá o solpor para o deserto de palestina

e o mencer chegará ao altiplano de oaxaca

...



unha soa terra

e un mesmo sangue

e ogallá fose

unha soa resistencia

mañan do 8 de xuño


o municipo autonomo de copala en oaxaca

hai meses que está cercado por paramilitares

a finais de abril unha caravana non puido entrar

e houbo duas persoas asasinadas

e hoxe unha segunda caravana

coa palabra quere romper este cerco