08-11-2010

como un fado

marchar da casa camiñar buscar
inxenuo o teu corazon regalado
o tempo das hortas e das granxas
aprendizaxes e desenganos

a uva que da alegria ao viño
para ti so foi traballo amargo
eterna fuxida cara adiante
o teu sino case como un fado

o campo o monte e os cumes
e ti triste desde a xanela ollando
os proxectos persoais e colectivos
que case todos se foron abaixo

e todo isto sempre co teu sorriso
amiga que mo vas contando
eterna fuxida cara adiante
o teu sino e canto amargo fado

lariño