12-6-2013

memorias dunha republicana




“Xa ves que sigo coas miñas lecturas

e practicando o meu idioma. Que pracer!
Xa ves que intento recuperar a miña lingua,
a que me arrebataron os “salvadores
de España”, criminais, o que fixeron de min”.

Roubaronlle a sua lingua, apartarona
da sua terra coa que segue soñando cada noite:
soña que regresa, que pasea polas ruas coruñesas
e que chega a praza de María Pita desde onde olla
para a xanela da oficina onde traballaba o seu pai.
E cada mañá despois desta viaxe arelada,
esperta, cansa e atristurada

Teresa Alvajar López,
memorias dunha republicana,
edicion de Aurora Marco
en laiovento ensaio

na emotiva presentacion de onte
tamén se proxectou o video
Teresa Alfajar. Compromiso
e paixón pola terra, de Pablo Ces

saude galeguismo e republica