08-3-2016

estas mulleres imaxino



imaxino estas mulleres

ou as mulleres e o recital

 

imaxino no mesmo espacio

nunha ou noutra beira do océano

atlántico nunha cidade costeira

que mal medra cara os outeiros...

 

imaxinádevos a rosalía recitando

na compaña da chiquita guitarra

de violeta parra e ela e mercedes

sosa e chavela facéndolle voces

mentres frida pinta e repinta

e logo maría casares interpreta

textos de simone de beauvoir...


e logo todas elas platicando

con catarina eufemia idea vilariño

cesaria évora begoña caamaño

ramona maría soliña berta cáceres ...

e logo chegan celso emilio neruda

victor jara tagore zeca afonso

kafka moustaki galeano …

 

poetas trovadoras e outros corazóns

recital poético de manolo pipas

patio de guixar mércores 9 de marzo

as 20.00 rúa xulián estévez 56 teis

á beira dos guindastres e das vías