nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
sinto non ter sacado
ningunha foto no concerto
nen na intensa tardenoite
escribir un solo verso
que non me deron as mans
e tampouco me deu a cabeza
festival fermoso triste fermoso…
sesé somos todas inmensa noite aberta
compártovos a ultima imaxe
que captou a miña cámara
horas antes de que abriran as portas
coas faixas das colectivas feministas
con exceso luz e ningunha compa
coma se estiverades todas
o grupo de apoio xs veciñxs de chapela
as pandillas de rapazada as bandas musicais
as presentacions os poemas o manifesto
a lua a ria e vos que quixerades reventar...
graciñas por vir
e por este festival encher
con moi boa vibra por sesé
pipas
...cando empezóu a chover
algunhas, non fun eu sola,
percibimos a chuvia
como unha mensaxe de emoción
por parte de Sesé,
tamén me fixei no solpor
cunha luz moi especial desas máxicas,
abríronse un pouco as nubes
e me pareceu un sorriso por parte dela...
carmen laranxa
nun correo
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)