25-3-2018

do pais das cinzas

 


o país das cinzas
das neves a ribadeo
país dos lumes galiza

o país dos arcolitos
do(s) freixo(s) a ponferrada
de carballeda a carballiño
ten torcida a camiñada

terra que foi dos carballos
dos freixos dos castiñeiros
esmorece sen frondosas
camiña cara o deserto
pero podemos mudalo
aínda estamos a tempo

un pais de cinzas documental
de galizacontrainfo presentado
polo colectivo veciñal changrande
onte no freixo logo dunha andaina
polas cinzas e verdes das amieiras

a ghaspara o maruxento...

o neto do freixeiro