a computadora descompusose
e o reproductor de discos compactos tampouco vai
e aí está o tocadiscos doído polo abandono
pero sempre fidel amigo disposto a poñer uns temas
a cara a do disco e logo se quero a cara b
cinco ou seis cancions por cada lado
todo un ritual sacar o disco da carpeta levantar a tapa
poñer o vinilo sobre o plato levar con coidado
a agulla sobre o disco e sona o primeiro tema
o riscado da agulla e o especial son do vinilo
collo de novo a carpeta e leo o texto da cancion
ai a carpeta e a doble carpeta
ainda que o disco so sexa un
os trinteun ou sesentedous centimetros de carperta
polos catorce centimetros dos compactos
para goce dos ilustradores e de todos nos
e as veces as letras veñen nunha cartulina
dentro do disco e a dobre carpeta dentro
é un tremendo debuxo ou foto
moitos vinilos por sorte foron reeditados en compacto
pero coa perda de toda esta maxia e tamaños
e outros so seguen no seu formato orixinal
de vinilos pequenos ou grandes e casettes
ai e a casette tamen ten a sua historia
posdata
cando deixei radio piratona no dousmil tres do chapapote
eu ainda puña os meus vinilos e dous anos despois
preguntei polo plato e estaba na entrada entre revistas
e trastos vellos abandonado e triste
tamen na cova dos ratos naqueles anos habia un tocadiscos...
un dia de xuño