06-4-2020

contaxiadas mortos e curadas


centos de miles de corpos infectados
ducias de miles de persoas mortas
pero moitísimas máis persoas curadas

todos temos ou teremos
algunha coñecida contaxiada
moitos tedes algún ser
querido morto polo virus

hoxe contan os medios de doce

sanitarios mortos médicas e médicos
unha enfermeira e unha auxiliar
e tamén oito farmacéuticas perdidas
pero esqueceron a algún xubilado médico
e a dúas coidadoras mortas en residencias
e pregunto se hai limpadoras mortas !?

todos temos algún parente
amiga ou coñecido que terá
que tratar ás persoas enfermas
en moitos crueles casos
sen protección e coidado debidos

dime unha amiga fisioterapéutica
que a poden mandar a uci
e que ten medo


manolo pipas