Chopiño das catro ghallas
para nós toda unha xoia
que fermoso estás en coia
por favor non te nos vaias
Vives camiño das praias
testemuña da memoria
cada día unha historia
nesta cidade atrevida
Que non coida nada a vida
ti resiste con euforia
luis o caruncho