20-6-2018

ambulante e redondas formas

 


o vendedor ambulante
senegalés ofrecía aneis
pendentes e pulseiras
e as compas mercaron
algunhas destas últimas
pero eu non lle facía caso
ao amable vendedor

que chegóu da vella áfrica

pero cando xa se ía
pregunteille se non tiña
un gorro como o que el levaba
que imaxinaba do seu cálido país
e rápido sacóu un do carriño

marchei co gorro da cultura wolof
pensando no redondo solsticio
e que nós non somos ambulantes
pero tamén estamos de paso


nun redondo día