20-9-2011

luz fandiño poema




Coido que son

licenciada na dura
carreira da vida
Fiquei matriculada
antes de nacer
foi moi dura 
a aprendizaxe
simplemente para ser
unha muller
As miñas aulas
foron as cociñas
e os retretes
Alí coñécese
a dureza dos mestres
son os mesmos :
Arxentinos
            Españois ou
                            Franceses
cuspen sadicamente
os meus suspensos
Así, nos libros de texto
dos innumerábeis
e anguriantes sufrimentos
fun gañando
as medallas de prata
que levo nos
meus cabelos

luz fandiño

compostelana
de ida e de volta
texto do seu libro
escolma de poemas