nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
o baixo e patio de guixar
un novo ponto de encontro
e asociación cultural
á beira da memoria dunha praia
neste degradado barrio de teis
moitas casas que se caen
e neste recheo as vías e os guindastres
erguendo as mercancías como un xogo
e detrás do patio as desafiantes
as chemineas das abandonadas fábricas
e no baixo de guixar nas paredes
expostas as obras d@s compas
o patio de guixar propuña
onte unha cousa mui seria
guixar propuña a risa
e na charla tertulia da tarde
ela tarda mui pouco en sair
risa social e cultural
risa tímida ou escandalosa
risa reprimida ou contaxiosa
que non falte esta risa vital
a risa sano exercicio
ese rir con todo corpo
rir cos vivos e cos mortos
a risa tremendo vicio
pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)