nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
este tren de cercanías
acercaráme a ourense
co ritmo e tempo prudentes
eu farei a travesía
vou pola beira da ría
á beira do louro e miño
con galeano o camiño
con algo de fantasía
ollo fora a realidade
a exclusión e a pobreza
é o tema dunha mesa
que temos na facultade
no meu vagón varios len
pantallas chicas e grandes
concentrado un estudante
con cacharro e con papel
ciencias da educación
gran respeto da o teu nome
que che puxeron uns homes
sen da muller opinión
a educación unha ciencia!
ciencia será a historia?
se cadra tamén a memoria?
a exclusión e a pobreza?
escribín da ría ao miño
nun vagón de cercanías
realidade e utopía
a educación un camiño
texto recitado onte logo
de nós que estamos abaixo
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)