18-2-2013

maestro de la otra cultura i lucha




maestro kuy kendall la otra cultura va

na praza do palacio de bellas artes
un evento cultural e politico polo apoio
do compañeiro actor e director de teatro
que loita pola sua vida logo da represion
sofrida o un de decembro o dia da toma
de posesion do asasino presidente de mexico
e estas son algunhas das estampas
e pensamentos dun longo dia de resistencia

chegamos un pouco tarde que viñamos
da cultura para todos de cleta en chapultepec
e estaba a cantar o trovador ictus enorme
logo seguiu a épica de cayo vicente de atenco
e as palabras comunales de nacho del valle

e logo nos xa estabamos nos afectivos
reencontros cos compas de atenco de la otra
da otra cultura dos plantóns das okupas
das radios comunitarias e de oaxaca

outro cantor dixo
que todo el mundo sepa
lo que está sucediendo en mexico

volantes faixas postais camisolas
libros videos bonos e centos de apoios
e a mesma man de atenco que agarra
o machete labrego agora pinta na faixa

unha chamaca que coa sua nai paseaba
tamen quixo debuxar na manta sobre o piso
e levouse un colorista animaliño de papel
e ao seu ganso que xa voaba
dime que lle ia dar millo e auga

e houbo mais voces poetas e trova
e tamen o baile da comunidade
e cantaron as amigas e amigos
de la otra cultura como amosa a imaxe

na praza de bellas artes
todas as artes e culturas todas
la otra cultura la otra campaña
e todas as nosas campañas e marchas
a sexta declaracion e todas as declaracions
a nosa palabra

manolo pipas