nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
xerusalén
a cidade das tres culturas
e das tres relixións monoteistas
a cidade dos mil conflictos...
jerusalém en hebreo
רוּשָׁלַיִם yerushaláyim
a casa da paz mira ti
que tremendo paradoxo
para a cidade que leva
miles de anos en guerra
en árabeالقـُدْس al-quds
a casa do sagrado
dos sacrificios pois
e aí seguen derramando sangue
os judios e os musulmáns
e antes tamén foron os cristiáns
e as feridas das cruzadas
aínda seguen ben abertas...
pero xerusalén está asentada
sobre a chamada cidade de jebús
fundada polos jebuseos no terceiro
milenio antes do chamado ano 0
e moito tempo despois
chegaron os hebreos...
que se marchen da cidade
hebreos musulmáns e cristiáns
e que trump nen se acerque
e que volten se poden os jebuseos
ou que deixen que na cidade
asenten as súas miserias
na foto muros
da antiga jebús
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)