23-7-2010

ceos de castrelos

agardamos en castrelos a que a lua dera as once
a pelicula chegaba entre sombras de mui lonxe

outro ceo protector camiñaba no deserto
e desertos muitos corpos non entraban neses ceos

entre palmas sobrevive un oasis protector
e castrelos tamen era un oasis para nos

pero o rio non consegue arrastrar tantas mentiras
e no foxo baixo a grada vai morrendo a fantasia

as estrelas dan a unha e a lua xa completa
a historia que remata a pantalla que se pecha

varios ceos xa pasaron polo parque de castrelos
e seguimos agardando a que pase o noso ceo


castrelos verán do 94



castrelos de onte a hoxe

antes de que fixeran o foxo
nalgun festival uns poucos saltabamos a valla
e logo lembro que as ras do foxo non deixaban
oir partes dalgun concerto de muisica clasica
e desde este poema cortaron as ultimas árbores
que estaban entre as gradas mais altas
e cantas veces cambiaron o palco ?
e preguntome porque e para que ?

da homenaxe ao zeca afonso
a leonard cohen cantos maxicos momentos
e  seica estes dias
perdin tamen algun bo concerto
ai os protectores
ceos do parque de castrelos !


verán do 2010