11-3-2016

ferrol madri fukushima

 

 

 

onte foi o cabodano

do asasinato pola policía

de amador e daniel en ferrol

nas movilizacións do 72

reclamando os dereitos

 

hoxe cúmprense doce anos

dos atentados yijadistas

aos trens de madrid

que o ministro acebes

do goberno do pp a catro

días das eleccións dixo

que fora feito por eta

e o hipócrita rajoy aparece

nos actos a ferir máis ás victimas

 

hoxe tamén é quinto aniversario

do gran accidente da central

nuclear de fukushima en xapón

e xa sei que foi golpeada

por un sumani pero accidente

é ter unha central nuclear

accidente é ter eses dirixentes

 

mañán 12 de marzo

se cadra hai outros feitos

tráxicos que lembrar

ou uns feitos fermosos

que nos axudaron

e estar hoxe aquí


horas despois de publicar

escoito na radio que mañán

é o triste aniversario

do referendum da otan

e mellor non busco

que se celebra o domingo

bo sol compas

 

o cronista