18-9-2016

terraza e lecturas

 

 

pouco antes do solpor

séntome nunha terraza

a ler o periódico e escribir

uns son malos e outros peores

os catro xornais que hai

ademáis de dous deportivos pois

e claro que teño que consumir

e que vou pedir esta tarde

café de quen sabe que esplotad@s

soja tranxénica ou leite de fora

unha clara de escura orixe

un viño que algo de uva terá...

o máis saudable que podo pedir

será unha infusión ou un auga

e que leo no xornal desocupado

uns poucos artigos de opinión

de intelectuais con pouca ética

e as novas que son as de sempre

dun mundo que se rompe

por case todas partese algunha máis

e tamén seica hai novas eleccións

 

algunha vez vou a biblioteca

e sen que me vexan eu leo

un xormal que digo de humor

ácido que lle chaman o abc

 

o cronista