19-12-2014

15 coa bandeira rotondiana

 


o izado da bandeira

lembra unha guerra lonxana

aquí uns usan a forza

e nós temos a palabra

 

vigo ten unha bandeira

que na rotonda puxemos

do seu escudo caiuse

a oliveira e o castelo

 

no seu lugar foi entrar

o noso querido barco

el ondea cando hai vento

o plantón a esquerda abaixo

 

na rotonda que hai en coia

nós estamos ben plantados

xa levamos moitos días

podes sumar o teu brazo

 

o cronista de coia