15-3-2018

lua e muller de farruco sesto

 


IRMÁ LÚA


O LADO NOCTURNO É O MÁIS DENSO DA MOEDA.
Resgarda os sentimentos e as respostas.
Cobexa as intuicións e receos.
E con moito coidado entreabre as portas.
Cando a noite cae, o alonxado non sae da casa.
Busca o tesouro en si, as anunciacións en si.
Trata de iluminar a noite cos seus poderes.
A carón mesmo da escuridade.
Recolle a noite no seu corazón, interrógaa.
Non se move por ela, non se traslada.
Fai unha cova, un campamento, un mundo de sombras.
Unha pequena revolución insonora.
O lado nocturno é o máis forte, o máis terrible.
O lado nocturno é o máis claro desta persoa.


A MULLER QUE BAILA

A MULLER QUE BAILA IGNORA A SÚA FORZA.
É pedra. É auga. Pero non o sabe.
Dobra o mundo. Esnaquízao. Invéntao
de novo a cada paso, en cada volta.
Fai un nó colectivo de vágados
en que naufrago,
pero onde aboia a miña soedade
como un residuo quedo e perdido.
A muller que baila faime máis triste,
faime máis pobre, vaime quitando
todo.
Ela é a luz e todo o seu poder.
Eu son apenas pó baixo os seus pés.
Ela é a pedra, a auga, en movemento.
Pero non o sabe. Non quere sabelo.


Farruco Sesto Novás
 
poeta arquitecto e político
galego-bolivariano

que participóu o venres

na homenaxe ao che guevara

imaxe en compostela
textos dos libros isolda
e cuestión de nomes