verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nun parque do barrio
este pasado domingo
vintetres de abril
foi o día do libro
días antes a rapazada
puxo un tendal literario
con libriños coma froitos
na árbore do imaxinario
estudantes ximena jorge nora
tamén non nomes daquel tempo
daquelas desventuras darredor
de ecolóxicos muiños de vento
e coma froitos maduros
algúns libriños
estes literarios días
xa foron caíndo
un fillo unha árbore un libro
escribira o cubano josé martí
para grandes e cativos
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)