nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
escoito a león felipe
na voz e guitarra de dina rot
un vinilo do setentecinco
o seu retrato en branco e negro diante
e detrás os creditos de poetas e musicos
e unhas fotos cun fondo verde claro
moito crédito ten a compañeira
gabriela mistral león felipe
pablo neruda césar vallejo rafael alberti
nazzim hikmet héctor yánover garcía lorca
violeta e isabel parra paaco ibánez
difícil xuntar máis palabra e sentimento
. . . . . .
atopei ao león felipe
ao solitario escritor atopeino
ao final da calzada dos poetas
no inmenso parque de chapultepec
na cidade de méxico debaixo dos freixos
nesa cidade que o acolleu duas veces
logo da revolucion mexicana
e despois da guerra do 36
do león moito me falaba a bertha
dos seus poemas dos seus libros
das suas versions de walt whitman
e de como o escoitou recitar
cando ela era universitaria
no último ano do poeta
ai naquel ano sesenteoito
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)